займ срочно

Melide define retos no urbanismo da vila

0

Melide, 18 de setembro do 2019 – O alcalde de Melide, Xosé Manuel Pérez, e o primeiro tenente de alcalde, Xosé Antonio Prado, definiron nunha reunión as prioridades do mandato en canto a urbanismo.

Unha desas prioridades no campo do urbanismo é o chamado “feismo”. Poñer fin ás construcións sen rematar, as mal conservadas ou as que están en estado de abandono, serán das primeiras actuacións que se levará a cabo dende. Para acabar con estes feitos será necesario, tal e como apuntan dende o ente local “elaborar un inventario e posteriormente emitir as medidas executivas orientadas ao remate e a boa conservación das construcións.  É necesario rematar  co feísmo que producen estas construcións para a vila, proxectando sobre ela unha imaxe de abandono e un posible risco na seguridade da veciñanza”.

Melide reunión urbanismoActualización do PXOM

Alcalde e tenente de alcalde sinalaron a necesidade de actualizar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), e afirman que “o novo equipo de goberno ten que tomar a iniciativa neste ámbito, xa que non nos beneficia que teñamos que rexernos por unhas normas subsidiarias do ano 1994, temos que ser capaces de dar resposta ás necesidades de ordenación e desenvolvemento dunha vila como é Melide”.

O Concello estudará cal é o mellor xeito de ter unha normativa urbanística actual e para iso, basearase nos informes técnicos municipais para buscar a opción máis axeitada: ben volver a iniciar unha adxudicación para a nova redacción do PXOM ou continuar co proceso iniciado o 17 de novembro de 2004, paralizado nos últimos 8 anos, e no que se levan investidos 144.617,60 euros en pagos ao equipo redactor. O custo total de de gasto no plan inconcluso é de 243.739,20 €.

“A redacción iniciada no ano 2004 tería que ter rematado a finais do ano 2013 pero a falta de vontade política de anteriores gobernos, fai que hoxe Melide non teña un PXOM actualizado cos prexuízos que elo implica. É unha norma básica e fundamental para que a vila medre, Melide leva perdido dúas lexislaturas dende o 2011 en materia de urbanismo pola falta de interés dos seus políticos”, conclúe José Antonio Prado, primeiro tenente de Alcalde do Concello de Melide.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies