Melide busca unha resposta da Xunta con respecto aos servizos de comedor escolar

0

Melide, 5 de marzo do 2020 – O concello de Melide pediu por terceira vez unha reunión co xefe territorial Educación, Indalecio Cabana, para abordar cuestións como a ampliación do servizo de comedor escolar.

Esta terceira petición para abordar o tema do comedor escolar chega despois de que nos meses de outubro e novembro se intentará poñer data a unha xuntanza, con envío de sucesivos escritos, sen chegar a obter resposta.

Tal e como apuntan dende a Concellería de Educación, “nas tres solicitudes figuran os mesmos asuntos a tratar, o servizo de comedor escolar nos centros educativos de Melide que afecta ao Colexio Nº 1 e ao IES de Melide e a posibilidade da extensión do servizo ao resto dos centros educativos da vila”.

A petición por parte do Concello de Melide vén motivada polo aumento na demanda do servizo de comedor escolar e a necesidade de darlle unha resposta. “Son os motivos máis importantes e urxentes que non admiten máis dilación no tempo e é necesario abordalos xa”, apuntan dende o goberno local.

O Concello de Melide, que xa estivo en contacto con membros da comunidade educativa na vila, recolle as súas inquedanzas tales como mellorar os servizos que ofrecen para facilitar a conciliación laboral e familiar nunha vila na que todos os escolares e as súas familias teñan os mesmos dereitos. “Un asunto importante que ten que ser tratado coa dilixencia necesaria”, conclúen dende a Concellería de Educación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial