Melide acometerá obras de saneamento en Santa María O Rañado

0

Melide, 24 de outubro do 2017 –  Dalia García, alcaldesa de Melide, ten prevista unha reunión informativa cos veciños de Santa María O Rañado para informar das obras de saneamento que se celebrarán en esa zona.

reunión Melide Santa MaríaA cita será este mércores as seis da tarde. A rexedora melidense, quixo ser a encargada de expoñer á veciñanza desta zona o proxecto que terá un custo de 175.000 euros.

A mellora do saneamento en Santa María O Rañado, é unha actuación de Augas de Galicia en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia respondendo así á petición que realizaba a  alcaldesa o pasado ano á titular deste departamento, Beatriz Mato. “Unha vez realizados todos os trámites técnicos necesarios, quero explicarlles aos veciños e veciñas o proxecto así como pedir a súa colaboración para o discorrer dos traballos, trátase dunha obra moi demandada polos veciños e que agora vai ser unha realidade”, explica a rexedora melidense.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies