займ срочно

Melide solicitará a Sogama a bonificación do 10% do canon do lixo

0

Melide, 21 de febreiro do 2019 – O Concello de Melide aprobou en Pleno solicitar a Sogama a bonificación do canon de recollida pola taxa de lixo.

Esta baixada na taxa de lixo supón unha bonificación do 10%, que repercutirá positivamente en todos os fogares melidenses, traducíndose en que os veciños e veciñas e empresas locais terán que pagar menos cartos en 2019.

O Concello de Melide comprométese a reducir a produción de residuos e a incrementar a reciclaxe de envases lixeiros, en plena sintonía coas directrices da Unión Europea na materia, e ademais, trasladará esta rebaixa económica aos fogares.  A esta medida, tamén se lle suman outras postas en marcha polo equipo de goberno local como o programa Horeca, dirixido á reciclaxe de vidro nos diferentes locais da hostalería, campañas de concienciación entre a veciñanza ou a instalación de novos puntos de recollida de lixo tanto no casco urbano como no rural, ofrecéndolles todas as facilidades para poder reciclar a diario.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, apuntaba que “se todos participamos nunha pegada equilibrada no mediambiente, separamos mellor, reciclamos mellor e poñemos máis medios para poder facer que isto sexa posible, repercutirá sempre positivamente tanto na facenda local que é de todos como tamén no peto de cada un de nós”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies