займ срочно

Melide suxeita ao chan colectores do lixo situados en máis de 20 rúas Melide conta dende hai

0

Melide, 8 de xaneiro do 2019 – O Concello de Melide vén de instalar máis de 60 novos colectores do lixo que están suxeitos ao chan mediante barras para evitar que se despracen.

Os novos colectores do lixo suxeitos ao chan están instalados en diferentes zonas da vila, tanto de titularidade estatal como autonómica.

O principal obxectivo é eliminar, nos momentos de inclemencias meteorolóxicas, o movemento dos contedores do lixo. Tamén se busca reorganizar o servizo de cara a facelo máis accesible á empresa concesionaria da recollida en puntos onde se poidan complementar o contedores de residuos sólidos, o de envases lixeiros, o de cartón e tamén, nalgúns casos o de recollida de roupa.

Tal e como explican desde o goberno municipal, con esta acción “evítanse situacións de risco para os condutores ao ser desprazados os contedores á estrada por vento ou fortes choivas, principalmente cando están baleiros, e sobretodo agora, nos meses de inverno”.

O Concello de Melide explica que continuará cos traballos para suxeitar os contedores ao chan doutras zonas da vila que aínda carecen deste sistema, co obxetivo de conseguir que todos os colectores do lixo na vila estean suxeitados ao chan nun futuro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies