займ срочно

Melide suxeita ao chan os colectores de  lixo

0

Melide, 1 de novembro do 2017 –  O Concello de Melide vén de instalar un total de 30 novos colectores do lixo que están suxeitos ao chan mediante barras  para evitar que se despracen.

Os novos colectores  suxeitos ao chan están instalados en diferentes zonas do pobo, na ronda de Pontevedra, na Avenida da Habana, na Rambla de San Pablo, en Priorada e na rúa América ou Rosalía de Castro entre outras. Desta maneira, estas novas ubicacións, únense ás rúas e avenidas de Melide que xa contan con este sistema. Dende a o Concello de Melide o que se pretende é “facilitar a recollida de residuos orgánicos e inorgánicos á veciñanza”.

Tal e como explican dende o ente local, con esta acción “evítanse situacións de risco para os conductores ao ser desprazados os contedores á estrada por vento ou fortes choivas, principalmente cando están baleiros, e agora que imos de cara aos meses de inverno”.

O Concello de Melide continuará cos traballos para suxeitar os contedores ao chan doutras zonas da vila que aínda carecen deste sistema, co obxetivo de conseguir que todos os colectores do lixo na vila estean suxeitados ao chan nun futuro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies