Melide acolle un taller de sensibilización e mediación familiar en casos de ruptura

0

Melide, 12 de setembro do 2019 – A Concellería de Política Social do Concello de Melide pon en marcha un taller, para profesionais e familias, sobre como sensibilizar na mediación familiar en casos de ruptura.

Entre os contidos deste taller, gratuíto e que se celebrará na sala de conferencias do edificio Multiusos, estarán os diferentes roles da familia, os beneficios da colaboración parental, os dereitos dos e das menores ou diversas estratexias empregadas polos menores fronte a unha ruptura, entre outras temáticas.

O taller celebrarase o mércores 25 de setembro en horario de mañá para profesionais de 10h a 14h e pola tarde para as familias dende as 16h e ata as 19h.

As persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto para realizar as súas inscricións no Centro de Información á Muller de Melide, situado no Centro Social ou no teléfono 981 50 57 06 ou no enderezo electrónico cim@concellodemelide.gal. A data límite para realizar a súa inscrición é o 18 de setembro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial