Melide realiza traballos de mellora en Parabispo, no Barreiro

0

Melide, 27 de outubro do 2017 –  A brigada de Obras e Servizos do Concello de Melide está realizando estes días traballos de acondicionamento de pistas no rural das parroquias da vila, concretamente en O Barreiro no lugar de Parabispo.

Obras BarreiroRosa Cabado, concelleira do departamento responsable da execución dos traballos explica que  “as actuacións neste punto consisten na mellora dun tramo de máis de 400 metros de pista con zahorra que mellorarán a accesibilidade dos veciños”.  Cabado engadía que “trátase dunhas melloras que realizamos periodicamente ao longo de todo o ano nas diferentes pistas do rural e que se engloba nun plan que temos para o acondicionamento destes treitos que moitas veces conectan varios lugares ou serven de acceso a vivendas e que é necesario que cumpran cunha accesibilidade correcta que facilite a vida dos veciños e veciñas do rural”.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, apuntaba que “dende o Concello de Melide respondemos así ás demandas da veciñanza apostando decididamente polo noso rural, para fixar poboación e mellorar a calidade de vida e os servizos dos seus veciños e veciñas”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies