Melide únese contra unha aula saturada

0

Melide, 15 de setembro do 2020 – O goberno local de Melide reuniuse cos pais do CEIP nº 1 que reclaman solucións para a aula de terceiro de primaria, saturada e con problemas de organización engadidos.

Os pais piden desdobrar a aula xa que consideran que o número de alumnos, 25. supón un risco para a saúde sobre todo tendo en conta que catro deles teñen enfermidades crónicas. Os pais enviaron un escrito á Xefatura territorial e ao inspector de zona pedindo os cambios para “solucionar a inexistencia dun espazo mínimo vital para os nenos e as nenas”.

A reunión tivo lugar no salón de plenos. Os pais explicáronlle aos membros do goberno municipal que neste nivel educativo hai alumnos en situación de vulnerabilidade con enfermidades crónicas e incurables que son consideradas como de risco ante a Covid-19. Engaden que no centro existen aulas baleiras que poden ser utilizadas.

Os representantes municipais amosaron durante a xuntanza o seu apoio ao colectivo de pais e nais e tendéronlles a man para axudalos en todo o que fose posible. Na xuntanza acordaron seguir mantendo o contacto e a colaboración permanente e que, como primeira medida de goberno, remitir un escrito dirixido ao conselleiro de Educación apoiando as peticións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial