Máis de 900.000 euros para a rehabilitación do CEIP de Melide nº1

0

Melide, 8 de xullo do 2020 – A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar na plataforma Contratos de Galicia a licitación, por 956.948,94 €, da obra de rehabilitación integral do CEIP de Melide nº 1.

A actuación no colexio de Melide inclúe por unha banda a mellora da eficiencia enerxética mediante a substitución da cuberta existente na zona de comedor e cociña e na zona deportiva, cun novo tipo de illamento, así como o illamento das fachadas polo exterior mediante o sistema denominado SATE. Por outro lado e co mesmo obxectivo, renovaranse as fiestras por unhas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo e colocaranse luminarias LED con regulación lumínica

Máis de 900.000 euros para a rehabilitación do CEIP de Melide nº1A mellora da accesibilidade ao centro conseguirase mediante a instalación dun ascensor exterior que comunique todas as plantas, dunha rampla exterior en planta baixa no acceso principal ao edificio e doutra rampla no interior da planta soto que conecte o ximnasio co acceso ao ascensor.

Por outra parte, crearanse novas aulas no interior da actual vivenda do conserxe, que estarán dotadas dos accesos pertinentes.

A maiores, está prevista a reparación e pintado de paramentos interiores, o esmaltado de carpinterías interiores de portas e o abrillantado do pavimento de terrazo.

O obxectivo é iniciar as obras no centro durante o verán e compatibilizalas a partir de setembro co curso escolar, sempre baixo as máximas medidas de seguridade. Os traballos teñen un prazo de execución de 3 meses.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial