A XXIX Festa do Melindre será na rede

0

Melide, 7 de maio do 2020 – O concello de Melide celebrará a XXIX Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional de maneira virtual.

O concello decidiu que este ano, debido a situación de alerta sanitaria, se realizara na páxina de Facebook da Festa do Melindre pero mantendo algúns dos contidos habituais.

Co domingo 10 de maio como día central da celebración, ás 12h da mañá os seguidores poderán ver o pregón de Cristina Pampín, xornalista e presentadora de Televisión Española con raíces melidenses. A programación continuará cun showcooking de Bea Sotelo, cociñeira e membro do Grupo Nove.

A XXIX Festa do Melindre será na redeXa pola tarde ás 16:00h. terá lugar un café con melindre da man de Gonzalo do Club Café de Pontevedra. As 18:00h o protagonista será o mago local Dani Polo, que realizará un espectáculo de máxia.

O fin de festa, as 20:00 horas, correrá a cargo do grupo de música local Cuarta Xusta.

Durante a xornada dominical todas as casas melindreiras da vila terán abertas as súas portas para poder mercar melindres, ricos e amendoados para que a segunda fin de semana de maio manteña o seu carácter doce como é habitual dende fai 30 anos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial