займ срочно

O melidense Dani Polo, Premio Nacional de Maxia

0

Melide, 4 de xullo do 2017 –  O ilusionista melidense Dani Polo, de 19 anos de idade, vén de recibir no XXXV Congreso Nacional de Maxia celebrado en Manresa entre o 28 de xuño e o 2 de xullo, un premio na categoría de Maxia Xeral.

A maiores deste premio, o mago de Melide recibiu tres recoñecementos máis: o premio ABANO (Club Máxico Italiano), o premio FEAP (Club Máxico de Francia), e o premio FLASOMA (Federación Latinoamericana de Sociedades Máxicas), converténdose así no mago máis premiado no recente Congreso Máxico Nacional e que o levará a actuar co seu número premiado en Francia, Italia e Brasil, abríndose así as portas do mercado internacional.

Dani Polo conseguiu facerse co xurado cun número de maxia xeral baseado na manipulación de sombrillas de varios tamaños, número co que pechou a última Gala de Maxia celebrada na Casa da Cultura de Melide. Dani Polo está considerado como un dos magos con maior proxección do panorama nacional e iso é avalado polo seus premios. Comezou no mundo da maxia con 9 anos de mans do tamén ilusionista lucense o Mago Rafa.

Espectáculo de hipnose

O mago melidense estrenará espectáculo de hipnosis o vindeiro día 23 de xullo en Santa Cristina, A Coruña.  Baixo o nome de ”ZZZ, viajarás más allá de tu mente”, o mozo de Melide ofrecerá unha xornada de hipnotismo o venres 21 de xullo con entrada gratuita no local Bitácora, a partir das 23h da noite.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies