Melloras no CEIP Castelao, en Ordes,  para optimizar as condicións  térmicas do centro

0

Ordes, 12 de xaneiro do 2018 – Onte Indalecio Sánchez Cabana, xefe territorial da Consellería de Educación na provincia da Coruña, visitou o CEIP Castelao para analizar de primeira man o inmediato cambio de fiestras que se realizará nun dos inmobles onde se sitúan as aulas de educación infantil.

na visita ao Castelao o responsable provincial estivo acompañado polo alcalde e a concelleira de Educación de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo e Susana García respectivamente, ademais da directora e membros da ANPA do centro.

A Consellería de educación ten recoñecido un investimento de algo máis de 14.000 € para a citada obra, coa que se mellorarán notablemente as condicións do edificio e o nivel térmico tanto en aulas, baños, corredores, despachos e zonas comúns.

Según explica a concelleira Susana García  “Trátase dunha obra xa prevista e que ven a complementar o investimento realizado no cambio de calefacción levado a cabo no curso pasado”. A responsable local da área educativa puntualiza que “se trata dun traballo que responde co plan de eficiencia enerxética recomendado pola Xunta de Galicia. Pretendemos mellorar as condicións do día a día tanto para o alumnado como para o profesorado, o que permitirá reducir o gasto en calefacción”.  A concelleira destaca tamén o papel activo e a contribución e colaboración brindada pola ANPA do CEIP Castelao “no traballo conxunto á hora de mellorar todo o relacionado co centro e a actividade educativa, como por exemplo  no cambio do chan na aula de infantil, entre outras cuestións”.

Investimento municipal

Outra intervención prevista é a instalación dun ventilador no ximnasio do colexio. O alcalde de Ordes, Martínez Sanjurjo,  informou a Indalecio Cabanas de que esta instalación pretende solucionar os problemas de condensación que en ocasións se rexistran neste espazo. O rexedor manifestoulle tamén ao delegado de Educación a intención de que sexa o mesmo Concello quen sufrague ditos gastos.

Con estes traballos  o Concello de Ordes continúa os investimento nos centros académicos e educativos do municipio. Nos últimos anos fixéronse investimentos en cambio de mobiliario, reestruturación de aulas, dotación de equipamento deportivo, lúdico e educativo, proxectos experimentais e de investigación e a mellora da eficiencia enerxética dos inmobles dedicados tanto á educación infantil e primaria como secundaria. A todo isto hai que sumarlle os preto de 500.000 € que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria leva empregados neste colexio ao longo dos últimos dous anos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial