Melloras de eficiencia enerxética en Porto Avieira, Oroso, grazas ao superavit municipal

0

Oroso, 9 de maio do 2019 – O Concello de Oroso realizará un total de 13 obras no municipio, grazas o superávit do ano 2018, a máis importante a mellora da eficiencia enerxética en Porto Avieira.

O total do investimento no concello supón 670.998 euros. A urbanización Porto Avieira recibirá 175.000 euros para traballos de mellora da eficiencia enerxética e ademais haberá reformas no asfaltado (50.000 euros) e se construirá un novo pozo de bombeo (10.000 euros).

Outras intervencións no concello serán as obras do saneamento e abastacemento de auga en San Román de Pasarelos (80.000 euros), A Baxoia-Deixebre (25.000 euros), e Os Carballos (80.000 euros). Investiránse 50.000 euros na mellora da pista que une Recouso e A Estrada e outros 59.099 na pista de Ponte Carollo. Unha senda de Oroso Pequeño a Sigüeiro (40.900,28 euros), o peche do polideportivo Camiño Inglés (20.000 euros), a construción dunha pista de patinaxe (65.587 euros), a instalación dunha pérgola na área de lecer da piscina (11.331 euros), e para unha estatua de homenaxe á Muller Traballadora (4.080 euros).

As obras, que contan co visto bo da intervención municipal e a comisión de contas do concello, serán aprobadas no vindeiro pleno.

En palabras do alcalde, Manuel Mirás, “Temos unhas contas saneadas, froito dunha xestión económica responsable, e un remanente de tesourería de 1.340.852 euros, o que nos permite realizar novos investimentos, tendo en conta sempre as demandas dos nosos veciños”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial