займ срочно

Melloras dos espazos da Rede Natura en Melide

0

Melide, 9 de xaneiro do 2019 – Catro proxectos de rehabilitación nas parroquias de Meire e Leboreiro, en Melide, foron destinatarios das axudas a zonas de Rede Natura.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, acompañou ao Delegado da Xunta, Ovidio Rodeiro, e a Cristina Carrión, Xefa territorial de Medio Ambiente, na visita as actuacións realizadas. Dentro da Rede Natura coñeceron no lugar do Castro, en Meire a rehabilitación realizada nun alpendre en un forno tradicional.

Outras melloras realizadas en parroquias de Melide ao abeiro destas axudas foron a reconstrución de muros de cachotaría tradicional así como rehabilitación de hórreos. O importe máximo para cada proxecto foi de 12.000 €.

Estas axudas están financiadas co Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemetno rural de Galicia 2014-2020. A Dirección Xeral de Patrimonio Natural financia inversións non produtivas para alcanzar obxectivos agroambientais e climáticos nestes ámbitos.

A maior parte dos proxectos presentados, dez de doce, localízanse na comarca de Santiago, concretamente nos concellos de Toques, Santiso, Padrón e Melide nos que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inviste máis de 115.000 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies