Demandan melloras nas estradas de Boqueixón

0

Boqueixón, 23 de xullo do 2018 – Compromiso x Galicia Boqueixón ven de presentan unha moción ma que se reclaman melloras nas estradas e pontes do concello.

O portavoz de Compromiso, Xesús Ares, explica no texto da iniciativa que ” o concello de Boqueixón é sobre todo rural, o que implica unha necesaria atención as estradas internas de competencia municipal. Os recortes económicos doutras administración, en teoría obrigados pola crise económica, serviron de escusa ao equipo do goberno pois algúns plans de obras foron amortizados en cancelación de débeda económica bancaria acumulada pola mala xestión do mesmo partido a fronte do goberno de Boqueixón”.

Para CxG hai un fallo de xestión de prioridades na política local que se traduce nun abandono constante e permanente de moitas estradas, pontes e outros útiles como algúns xardineiras dispostos de forma aleatoria en pistas municipais no canto de beirarrúas ou lugares con boa disposición. Na moción o grupo reclama que se proceda ao arranxo e pavimentación con aglomerado flexible ou utilizando a técnica de reciclado de asfaltos, das estradas indicadas, ben de forma directa ou a través da súa inclusión no primeiro plan de obras que se aprobe en Pleno ou Comisión de Goberno. Tamén piden que sexan recolocadas as xardineiras municipais en lugares que sendo públicos non obstrúan a circulación de maquinaria agrícola, que eviten o corte de beirarrúas e que non sexan obstáculo para a o uso óptimo das zonas de paso tanto de vehículos como de persoas. Finalmente a iniciativa pide que se doten dos correspondentes pasamáns as pontes indicadas e reforzo de muretes en pedra que reforcen a seguridade viaria en todas as pontes municipais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies