займ срочно

O memorial Agustín Mourís de Volei Praia dispútase ata o domingo en Noia

0

Noia, 23 de agosto do 2018 –  O memorial Agustín Mourís clausura en Noia, desde hoxe e ata o domingo, o Circuíto Galego de Volei Praia 2018

O paseo marítimo de Noia acollerá as finais do Circuíto Galego de Volei Praia 2018 sénior e sub 21, ademais da final do Circuíto Vichy Catalán Volei Praia Tour – Campionato Galego de Categorías Inferiores.

Hoxe xogarán os apartados cadete feminino, Sub 19 feminino, cadete masculino e alevín feminino. O venres será a quenda das categorías infantil feminina, sub 19 masculina, infantil masculina e alevín masculina. O sábado e o domingo disputarán o trofeo autonómico os sénior e sub 21. Esta proba terá consideración de final autonómica, polo que os gañadores sénior serán proclamados Campións Galegos de Volei Praia 2018. Ademais, se un dos seus compoñentes xogou cando menos unha das probas do Circuíto Nacional de Volei Praia (Madison Beach Volley Tour), acadarán unha praza para disputar a final española que se xogará en Fuengirola do 30 de agosto ao 2 de setembro.

Ademais da emoción da competición, a proba de Noia terá un especial compoñente emotivo para a comunidade do volei galego, xa que se celebra en conmemoración de Agustín “Magic” Mourís Hermo, falecido o 29 de agosto de 2017 aos 44 anos de idade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies