займ срочно

Méndez Ferrín disfrutou con Arnoia Arnoia

0

Compostela, 17 de outubro do 2018 – Os rapaces do IES Aquis Celenis de Caldas que acudiron a función de Arnoia Arnoia no Salón Teatro non contaban con poder falar co mestre Méndez Ferrín e poder manter un coloquio con el.

A coprodución do CDG e Pista Catro Arnoia Arnoia ofrece esta semana funcións para escolares. Este mércores os alumnos chegados desde Caldas tiveron a visita sorpresa do autor do texto que inspira a obra, Xosé Luís Méndez Ferrín. O autor mostrouse moi satisfeito e, acompañado do elenco e do director, respondeu desde o escenario algunhas das cuestións plantexadas polos rapaces. Ferrín lembrou a súa estirpe de circo, descendente dos fundadores do ourensán circo Feijoo, nado en 1870, e primo do padre Silva, fundador do Circo de los Muchachos, e animou aos presentes a defender esta rama artística.

Méndez Ferrín

Arnoia Arnoia está inspirada na obra do mesmo título de Méndez Ferrín. Baixo a dirección de Quico Cadaval é unha produción de Pista Catro para o Centro Dramático Galego e aínda pódese ver estes días no Salón Teatro de Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies