займ срочно

Mesa redonda da asociación Vagalume sobre o patrimonio da Estrada

0

A Estrada, 3 de maio do 2019 – A Asociación Vagalume organiza este sábado, oito e media da tarde no salón de actos do MOME (Museo do Moble e a Madeira da Estrada), unha mesa redonda sobre a protección do patrimonio de esa zona na actualidade.

O acto de Vagalume é un dos previstos durante este mes con motivo do día das letras galegas, dedicadas a Antonio Fraguas, e organizados en colaboración co Museo do Pobo Galego.

Na Estrada en particular Antón Fraguas é un dos responsables da sensibilización sobre o valor do patrimonio. Durante o seu período de vida en este concello o profesor tratou de ensinar o aprecio cara os nosos bens materiais, inmateriais e naturais que legaron os devanceiros.

Vaglume explica que por este motivo “queremos dar comezo cun acto de posta a debate da actividade de defensa de divulgación da nosa riqueza patrimonial que se está a facer na nosa comarca. Para isto contamos coa presenza nunha mesa redonda de activistas que teñen desenvolto o seu labor en territorios da nosa bisbarra: Calros Solla (Cerdedo e Terra de Montes), Heitor Picallo (Cuntis) e Carmela Sánchez Arines (A Estrada)”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies