займ срочно

Mesa Redonda de SOS Sanidade Pública sobre a situación actual

0

Compostela, 28 de xaneiro do 2019 – A Plataforma SOS Sanidade Pública reflexionara esta semana sobre o momento actual nunha mesa redonda.

A folga nas urxencias do CHUS, as protestas dos PAC, os paros dos médicos de primaria definen un momento nunca antes vivido na sanidade pública en xeral. No caso da bisbarra protestas que afectan a un área sanitaria moi ampla na que a preocupación esténdese a poboación, sobre todo tras casos como o do falecido no centro médico da Estrada o a continúa falta de médicos en Centros de Saúde como os de Ordes ou O Pino. Unha situación que da sen duda para unha interesante mesa redonda.

A Plataforma SOS Sanidade Pública, na delegación de Santiago, organiza a charla este martes as oito da tarde no Museo das Peregrinacións. En ela estarán Xosé Mª Dios, voceiro da Plataforma e médico en Outes, Alberto Rama, polo servizo de urxencias do CHUS, Gerardo García, como representante dos PAC e traballador do da Estrada, e Flavia Berrocal da plataforma Médic@s de Primaria Precarias.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies