Mesa redonda sobre a actividade comercial de Compostela

0

Compostela, 13 de xuño do 2019 – Con motivo da exposición “A Cidade, o Camiño e Nós”, no paseo da Alameda ao carón do monumento a Rosalía de Castro, o grupo Galabra da USC organiza unha mesa redonda sobre o comercio e o tecido empresarial na cidade

A mesa redonda ”A actividade comercial e empresarial e o concello” celebrarase esta tarde na Cámara de Comercio a partir das sete e media e ten unha duración prevista dunha hora e media. Na actividade participarán os seguintes colectivos e representantes:

Fundación Santiago Centro: Delmiro Prieto González, Secretario do Padroado

Compostela Monumental: José Ángel Blanco, Xerente

Hostelaría Compostela: Rita Sobrado, Secretaria de Hospedaxe

Empresarios Polígono do Tambre: non comunicaron asistencia nin persoa aínda

Praza de Abastos: Xosé Bermúdez, de Conxelados Bermúdez

El Corte Inglés: Alain Bernárdez, Director de El Corte Inglés en Santiago

UGT: Celestino Criado Currás, Área de Comercio da Federación de Servizos

CIG: Carminha Naveiro Bueno, membro da Executiva Comarcal da CIG en Compostela, membro da Executiva Nacional da Federación de Servizos

A moderadora será Marisa del Río, profesora titular da USC na área de Comercialización e Investigación de Mercados.

O debate xirará en torno á situación do comercio nas distintas zonas da cidade, a problemática propia de cada zona e tipo de establecemento, as características da cidadanía de Santiago de Compostela como consumidores así coma os efectos dos visitantes sobre a actividade comercial.

A cidade, o Camiño e Nós

A exposición “A Cidade, o Camiño e Nós”, executada en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, presenta resultados científicos obtidos ata o de agora por parte do Grupo de investigación Galabra, grupo especializado en estudos culturais con sede na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e dirixido polo profesor Elías Torres. Ditos resultados que se mostran nesta exposición forman parte dun proxecto financiado polo Ministerio de Economía, Industria y Competitividad denominado “Narrativas, usos e consumos de visitantes como aliados ou ameazas para o benestar da comunidade local: O caso de Santiago de Compostela”. Ditos resultados obtivéronse a partir de 3.420 enquisas realizadas en Santiago de Compostela e área de influencia entre xaneiro de 2013 e abril de 2019.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial