Mesa Redonda sobre  “Comerciantes, restaurantes e produtores agrícolas locais”

0

Compostela, 5 de xuño do 2019 – O IES Rosalía de Castro acolle a mesa redonda “Comerciantes, restaurantes e produtores agrícolas locais” con representantes de Santiago de Compostela con motivo da exposición “A Cidade, o Camiño e Nós”.

O o grupo de investigación Galabra da Universidade é o responsable da organización de esta mesa redonda. A cita a partir das sete e media da tarde contará coa presenza de Carmen Freire, produtora/comercializadora  agrícola; Manuel Fernández Gutiérrez, xerente administrador do Restaurante A Moa na rúa de San Pedro; Xavier Freire, Xerente da Airas Catering; Rita Sobrado, vice-presidenta da Asociación de Hostalaría de Santiago, da Área de Restauración. O moderador será o profesor da USC da área de Ecoloxía, Emilio Carral Vilariño.

A mesa está orientada a coñecer opinións e reflexións sobre  a actividade comercial no eido do consumo, oferta e produción de alimentos, e a súa relación con quen nos visita. Os resultados do proxecto reflicten que case un 50% de quen nos visita tiña pensado comer/beber na súa estancia. Inicialmente os produtos estrela son o polbo e o arroz con lumbrigante, que non reflicte o consumo habitual dos habitantes da cidade nin dos galegos. Mais cando nos visitan máis dunha vez ao ano, dito consumo muda e parecese moito máis o que nós, os habitantes de Santiago, consumimos, por exemplo, o pan.

Esta mesa redonda está dirixida especialmente a comerciantes, restauradores, produtores e consumidores así coma público en xeral interesado por un consumo responsable de baixo impacto e atraído polo desenvolvemento sociocomunitario e transmisión dos valores culturais achegados  a un xeito de producir, comercializar e consumir concreto e próximo ao concepto de desenvolvemento sustentábel. Todo isto  encaixaría con conceptos como o de Biodistrito (produción e subministro local de produción orgánica) ou con SAT (sistemas alimentares territorializados).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial