Metereoloxía básica de montaña e organización de saídas nun novo curso da Fundación USC Deportiva

0

Compostela, 1 de xuño do 2019 – A Fundación USC Deportiva organiza o vindeiro 6 de xuño en Santiago unha xornada formativa sobre meteoroloxía básica de montaña e pautas de actuación.

A actividade diríxese a deportistas interesados en coñecer os fundamentos básicos da meteoroloxía en montaña para poder planificar as súas saídas con maior seguridade, así como coñecer as fontes de información meteorolóxica de referencia en montaña. Aprenderanse tamén termos e conceptos meteorolóxicos e onde obter información meteorolóxica e, sobre todo, interpretala. A actividade estará impartida por Daniel Cacabelos Barral, técnico da Escola Galega de Alta Montaña.

Contidos

Este curso tocará os principais aspectos da metereoloxía aplicada a este tipo de saídas. Conceptos como presión atmosférica, temperatura e humidade formarán parte da xornada. A clasificación e os tipos de nubes ou a interpretación de datos serán tamén parte importante das clases.

 O profesor

Daniel Cacabelos Barral é licenciado en Química e Doutor en Medicina Experimental pola Universidade de Lleida. Paralelamente á súa formación universitaria titulouse como Técnico Deportivo en Montaña e Escalada en Benasque (Huesca). Forma parte da Escola Galega de Alta Montaña dende 2015 e imparte cursos de diversa índole de forma habitual, sempre relacionados co mundo da montaña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial