Miguel Mera, do Club Ciclista Padronés, vencedor da Copa Galicia Cadete

0

Padrón, 4 de setembro do 2017 – O canteirán do Club Ciclista Padronés Miguel Mera proclamouse campión da Copa Galicia Cadete e mellor  galego do I Trofeo AsturCántabroGalego.

A regularidade mantida ao longo desta tempada por Miguel Ángel Mera, cadete de primeiro ano do Cortizo-Anova, traduciuse en excepcionais resultados para o canteirán, que se proclamou esonte vencedor da Copa Galicia Cadete. Ademais, tamén conseguiu o título ao mellor galego do I Trofeo AsturCántabroGalego.

A proba de este domingo celebrouse en Boiro. Foi a quinta e última carreira da Copa Galicia. Miguel Mera xa partía como líder con 16 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado conseguidos nas tres probas nas que participara ata onte. O corredor do equipo padronés conseguira gañar en dúas delas (Trofeo Concello de Carballo e 30 Promoción Ciclismo Boiro), así como o segundo posto no Gran Premio San Roque conseguindo onte domingo o 4º posto tras sufrir unha caída na subida ao segundo porto. Miguel Mera non disputou o XVIII Trofeo Vila De Lour, xa que se atopaba disputando a VI Txuma Cadete, prestixiosa proba na que Mera levou ademais da vitoria, o premio á regularidade e a mellor cadete de primeiro ano.

Pero onte domingo era tamén en Boiro a última proba do I Trofeo ÁsturCántabroGalego. A primeira edición deste trofeo consistía en seis probas (2 en Asturias, 2 en Cantabria e 2 en Galicia). Aínda que Miguel Mera só participou en 4 das probas. Os excelentes resultados conseguidos (vitoria no XXV GP da Sardiña, 2º en GP San Roque e 4º en Promoción Boiro) conseguiron darlle o premio ao mellor galego desta competición.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies