Milagros Otero chegou ao posto de Valedora do Pobo rachando con algunhas cousas. Primeira muller Valedora do Pobo e primeira persoa allea a xudicatura que dirixe a institución. Antes de acceder ao cargo era Catedrática de filosofía do dereito na USC. un cargo co que participou e bastantes congresos e encontros en todo o mundo, especialmente Sudamérica. Conserva ese xeito de respostar dos bos mestres, explicando o que quere dicir con un algo de pedagoxía.

Chegou hai dous anos nun momento complexo para a institución, con recortes nos orzamentos e con debates políticos sobre como debe exercer o seu papel a Valedora. Comezamos preguntándolle polo resumo do tempo pasado desde que accedeu ao posto

Vir do ámbito da Universidade permitiulle a Milagros Otero ter un coñecemento máis próximo da sociedade pero unha das teimas, como ela recoñece, desde o primeiro momento foi acercar a institución a xente

Visto desde a rúa un pode ter a impresión de que institucións como o Consello de Contas ou a Valedora do Pobo teñen as veces a razón pero non teñen a capacidade para converter esa razón en feitos concretos. Otero considera que non ´extrictamente necesario ter esa capacidade e que a institución terá a forza que a xente lle queira dar

Os informes da Valedora do Pobo indican que a gran maioría das queixas proceden do ámbito urbano, unha eiva que se intenta solucionar con visitas a distintos lugares de Galicia para explicar o papel da institución

Un podería pensar que sendo unha maioría das queixas do ámbito urbano tamén serían por correo electrónico pero prodúcese a paradoxa de que o son por correo postal. A Valedora cre que son costumes que irán mudando a medida que a institución acérquese máis a cidadanía

Unha gran parte das queixas prodúcense na sanidade. Milagros Otero non considera que iso indique un peor funcionamento se non que é un servizo, como outros, que afecta a unha parte de poboación máis grande, un servizo polo que todos pasamos en un u outro momento

A xente queixase máis pero iso, según a Valedora, non ten porque indicar que as cousas van peor, ela “consideraría un fracaso” que a xente non se queixara

As estatísticas indican que as mulleres queixanse máis que os homes pero a Valedora pensa que sería bo eliminar dos informes ese tipo de datos, pensar en persoas e non en xéneros

No Día Internacional da Muller afondamos en esas declaracións sobre considerar a todo o mundo persoas. A día de hoxe as mulleres non loitan por algo mellor se non que loitan por algo que xa deberían ter. A Valedora coincide en que e terrible que iso siga sucedendo

Preguntamos pola discriminación positiva, Milagros Otero a defende como un xeito de solucionar moitos problemas que de non existir non precisarían medidas de ese tipo

A Valedora do Pobo, como institución, pasou por momentos complicados. Milagros Otero considera a actualidade unha etapa de tregua no que o organismo non está en cuestión

Milagros Otero ten como plan de futuro “arrimar o ombreiro”, seguir traballando ao carón da xente e indagar en que cousas pode mellorar a institución

Falar coa Valedora e sentir estabilidade e honradez. Sabe do que fala e sabe transmitilo. A seriedade asoma a súa cara cando é necesario pero un marcha coa sensación dunha conversa distendida cunha persoa da que se pode aprender moito, coa que se pode falar toda unha tarde sen aburrirse. A institución ten unha oportunidade para crecer e mellorar, esperemos que os apoios cheguen do xeito adecuado por que a Valedora o merece.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies