O Milladoiro cortará o tráfico da N550 para demandar a súa humanización

0

Ames, 7 de xuño do 2018 –  Este martes matiña unha nova reunión a Plataforma veciñal N550, que busca a diminución do tráfico na nacional ao paso polo Milladoiro, e tomaba a decisión de manifestarse o próximo día 21 cortando a estrada.

Á asemblea celebrada na Casa de Cultura do Milladoiro acudiron veciños e representantes políticos municipais. A Plataforma N550 fixo balance das accións realizadas ata o momento e tomáronse distintos acordos. A principal decisión foi a realización dunha marcha pola avenida Rosalía de Castro o xoves 21 de xuño as oito da tarde, cortando o tráfico da estrada nacional. O concello será o encargado de solicitar autorización a Subdelegación do goberno para a marcha

A Plataforma veciñal centrou o traballado das últimas semanas na recollida de sinaturas e a colocación de carteis explicando o problema.  na reunión do martes decidiu tamén solicitar unha nova reunión coa Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia e co Ministerio de Fomento despois dos cambios producidos no goberno da nación. O alcalde de Ames, José Miñones, en representación da Corporación municipal, deu conta dos compromisos adquiridos na reunión mantida no Ministerio de Fomento, en Madrid, o pasado 7 de marzo e que consisten nas medidas demandadas de diminución do tráfico co desvío de camións e colocación de paneis informativos.

Nesta asemblea tamén se trasladou a preocupación pola posible instalación dunha planta de residuos na Casalonga, no concello de Teo, pero moi próxima ao concello de Ames. A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos estima que si se constrúe dita planta, máis de 300 vehículos pesados pasarían cada día pola avenida de Rosalía de Castro, o que agravaría un problema xa existente na actualidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies