Milladoiro actúa este sábado no San Pedro de Bugallido

0

Ames, 26 de xuño do 2019 –  San Pedro de Bugallido, en Ames, celebra esta fin de semana as súas festas patronais, que constarán de tres días e terán como actuación central a de Milladoiro.

Milladoiro súmase a unha programación dominada polas actuacións de orquestras como Gran Parada e Ibiza. O grupo folk, lenda da música galega e pioneiro en este estilo, actuará no campo da festa de Bugallido o sábado, 29 de xuño, a partir das 23.00 horas.

cartel da actuación de MilladoiroO concerto xirará en torno a Atlántico, o seu novo disco, composto por un total de doce pezas que buscan homenaxear ao océano que baña as nosas costas. Entre as composicións que forman este traballo atopamos pezas como Abrente en Ortegal, Gaivota, Terra mollada ou Sweet Thames Flow Slowly, un tributo á figura do cantautor, poeta e artista multidisciplinar Ewan McColl.

O grupo formado estáformanda na actualidade por Nando Casal, Xosé V. Ferreirós, Moncho García, Harry C., Manu Conde e Manu Riveiro.

Unha fin de semana chea de música

As festas de San Pedro de Bugallido arrincan este venres 28 cunha verbena nocturna a cargo das orquestras Gran Parada e Ibiza. O sábado terá lugar unha misa solemne a partir das 12.30h, trala que se realizará a procesión, acompañada polo grupo Airiños do paseo de Colón, e unha sesión vermú amenizada pola orquestra Paraíso.

Xa pola noite, a nota musical poñerana o grupo folk Milladoiro e a orquestra Paraíso. O domingo, por outra banda, celebrarase unha misa cantada pola Coral A. Santomil e unha procesión acompañada polo grupo Os Castros. O dúo Rosán será o encargado de poñer música tanto á sesión vermú como á verbena da noite, na que estará acompañado pola orquestra Galilea.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial