Políticos e veciños do Milladoiro coinciden na necesidade de crear unha Plataforma sobre a Nacional 550

0

Ames, 30 de xaneiro do 2018 – A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu unha asemblea na que participaron tódolos grupos políticos e uns 50 veciños para falar do problemas da Nacional 550.

Abriu o acto o alcalde, o socialista José Miñones, que fixo un relatorio das distintas etapas polas que pasou a Nacional e as distintas accións políticas que se foron tomando. En novembro do ano pasado tódolos grupos da corporación chegaron ao acordo de unificar forzas en torno a unha idea: o obxectivo é humanizar o Milladoiro e serán os técnicos os que busquen o xeito de facelo.

Tras o alcalde o concelleiro non adscrito Javier López e o resto dos portavoces, Ramón García de Pacto x Ames, David Santomil do BNG, Genma Otero de Contigo Pódese, Quique Costas de Ames Novo e Oliva Agra do Partido Popular, foron explicando as distintas posturas sobre a que facer coa Nacional. Un túnel, a gratuidade da AP-9, converter a autovía de Noia nunha variante desde as Galanas…

E tras os políticos foi a quenda dos veciños. Unanimidade en canto a que asembleas como a de onte teñen que repetirse pero tamén difundirse mellor xa que a participación non se correspondeu coa importancia do tema. Tempo tamén para explicar non só as demandas se non tamén os problemas dos que menos se fala. O ruído que sofren, a contaminación, ou as gretas nos piares dalgúns edificios foron algunhas das situacións para as que se pediron solucións. A continuación un extracto da asemblea que resume todo o anterior

Da Casa da Cultura saíu finalmente o compromiso de buscar o apoio da sociedade do Milladoiro e crear, de ser posible, unha Plataforma en torno a que se decidan os seguintes pasos a dar. O alcalde José Miñones condicionou ao que decidida esa Plataforma outras ideas xurdidas no encontro. Variar o tempo de espera da rede semafórica na Nacional 550, a petición dun radar fixo, como o do túnel do Hórreo en Compostela, ou posibles modificacións foron algunhas de esas medidas. Finalmente tamén existiu pola súa parte o compromiso dun estudo medio ambiental como se pode escoitar a continuación

Enésimo intento de marcar unha liña única que leva a humanización do Milladoiro eliminando o tráfico da Nacional 550, os próximos meses dirán si a asemblea de este luns foi unha máis ou o principio de algo distinto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial