O Millaraio no IV Campionato de España Infantil por Equipos

0

Ames, 23 de xuño do 2017 –  Un total de vinte rapaces, do club de atletismo Millaraio, participarán esta fin de semana no IV Campionato de España de Atletismo Infantil por Equipos, en Puertollano.

O salón de plenos acoleu a presentación da man do alcalde e concelleiro de Deportes, José Miñones, e do presidente do club Millaraio, José David García Arcos.

E a cuarta vez que o Millaraio participa en este campionato e ainda que comezou so con equipo masculino xa o ano pasado levou tamén un feminino o que da mostra do crecemento do club.O presidente do Millaraio García Arcos quixo destacar a concepción do campionato como un premio pola constancia e esforzo dos atletas. “Para eles, o campionato é un premio, evidentemente vanse a esforzar e a dar o mellor de si, mais sen esixencias. O importante é que aproveiten a experiencia. Para nós o importante non é a competitividade, senón que primen o esforzo e o compañeirismo por riba das demais cousas”. 

Pola súa parte, o alcalde e concelleiro de Deportes, José Miñones destacou o traballo que o Concello está a realizar para pór en valor e visivilizar outros deportes, alén do fútbol. “Desde que entramos no goberno municipal quixemos apoiar outro tipo de deportes, máis alá do fútbol, a través do Consello Municipal de Deportes. Miñones tamén puxo en valor o feito de que haxa empresas privadas que apoien o deporte local. “As entidades privadas son chave para apoiar o deporte. Ao Concello gustaríalle que as empresas privadas estivesen detrás de cada club, xa que iso evitaría que o Concello tivese que asumir determinados custes a través de subvencións, e podería destinar o diñeiro para a construción de novas instalacións como, por exemplo, unha pista de atletismo”.

Por último, García Arcos agradeceu o apoio brindado polo Concello e tamén pola empresa privada Addomo, de arquitectura modular, que é a nova patrocinadora do club. “Sen a súa axuda, este tipo de viaxes tornaríanse moi complicados de realizar, polos elevados gastos que supoñen para o club”, afirmou o presidente do Millaraio.

Un campionato diferente

Este campionato presenta un formato diferente ao da maioría de eventos deste tipo. As súas probas son catro concursos e catro carreiras, cos que se prima que as e os atletas non se especialicen nunha soa proba. “Un formato que se axusta á perfección á filosofía do club Millaraio, xa que nós procuramos que as rapazas e os rapaces proben todas as disciplinas posibles, e non se especialicen nestas idades nun só tipo de proba”, afirma García Arcos.

O campionato se desenvolverá en Puertollano o sábado de tarde e o domingo pola mañá. Nas carreiras as probas serán: 80 metros lisos, 80 metros vallas, mil metros, e dous mil de marcha. Nos concursos hai lonxitude, altura, xavelina e peso. Cada participante terá que competir nunha proba de carreiras e noutra de concurso. A maiores, varios atletas realizarán unha proba de relevos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial