O Club de Atletismo MillaRaio consegue a súa primeira medalla nacional

0

Ames, 8 de xuño do 2017 – O Club Atletismo MillaRaio conseguiu a súa primeira medalla de ámbito nacional no campionato infantil de triatlón.

Dani Mato, Claudia Costas e Zafa Muiño

Dani Mato, Claudia Costas e Zafa Muiño

O pasado fin de semana o MillaRaio afrontaba dúas grandes citas, o Campionato de España Infantil individual en Valladolid e o Campionato Galego Cadete individual en Ferrol.

Ao Campionato de España infantil desprazáronse  un total de 4 atletas, récord de participación do club nestes campionatos, logrando Zulfa Muiño a primeira medalla nacional da historia do club conseguindo o bronce na categoría tríatlon feminina E. Tamén na categoría feminino Deki Matogueira logrou un fenomenal oitavo posto na categoría tríatlon B.

Na categoría masculina Mateo Aller lograría o posto 21 na categoría tríatlon C e Iago Cid o posto 23 na categoría  tríatlon B.

No Campionato Galego Cadete individual de Ferrol a representación de MillaRaio elevouse a 18 atletas, logrando a maioría mellorar as súas marcas persoais e logrando un total de 5 medallas.

Destacar os campionatos galegos de Dani Mato na xavelina e de Claudia Costas na lonxitude que ademais lles outorgan praza na selección galega para o Campionato de España Cadete de seleccións autonómicas.

A estas medallas uníronse tres bronces logrados por Claudia Costas nos 300 valos, sendo a súa segunda medalla nos campionatos, David Álvarez Celemín na pértega e Pablo Díaz nos 1500 obstáculos.

Bos resultados para un Club que crece cada ano e que xa conta nas vitrinas cunha medalla nacional.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial