займ срочно

O Millaraio consegue 6 medallas no Campionato Galego de Pista Cuberta para menores

0

Ames, 23 de marzo do 2017 – O pasado sábado o Club Millaraio acudiu con 25 participantes aos Campionatos Galegos de Pista Cuberta para menores nas categorías benxamín, alevín e infantil.

O resultado final foi enormemente positivo cun total de 6 medallas, 6 cuartos postos e unha gran cantidade de marcas persoais melloradas.

Lograron o bronce Zulfa Muiño no peso infantil feminino, Iago Cid na pértega infantil masculina e Daniel Cariñena nos 50 m.l. infantís.

Rocío Suárez alzouse coa medalla de prata nos 50 m.l. benjamines e nunha emocionante final dos 50 valos infantís Mateo Aller e Diego Seoane lograron un extraordinario dobrete proclamándose campión e subcampión galego da especialidade.

Uns excelentes resultados para o Millaraio que os anima a continuar na liña de traballo que seguen.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies