займ срочно

Milleiros de persoas protestan contra a reapertura da canteira da Casalonga en Teo

0

Teo, 25 de marzo do 2019 – Unha mobilización de 24 horas foi o que conseguiu a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos coa colaboración de outros colectivos da comarca e do concello, desde clubs deportivos ata ANPAS pasando por outros grupos de loita medio ambiental.

O que comezaba a mediodía do pasado sábado remataba onte domingo cunha camiñada desde a Ermida do Monte Carmelo ata unha finca cedida por uns veciños xa na Casalonga. Máis de mil persoas escoitaron as explicacións de Jaime García, presidente da Plataforma, que acababa de chegar de Bruxelas. Na sede do Parlamento Europeo 15 colectivos da comarca denunciaron os problemas medioambientáis que sofren pero, como explicou García, atoparon boa vontade pero pouco máis

A continuación foi a actriz Mabel Ribera a que se dirixiu aos presentes agradecendo a presenza de todos e explicando que o se busca en moitos casos, desde certas instancias, é precisamente que a xente se canse e puxo como exemplo a situación de Lampai, a parroquia de Teo na que vive

Outro membro da coordinadora, Marcos Ares, pechou o manifesto recordando o motivo da xuntanza e insuflando ánimos á xente para non cesar na loita.

Manel Ribera

Acudíu tamén a Rede de plataformas Compostela-Ulla-Tambre aportando pancartas das diferentes plataformas, da Mina de Touro-O Pino, de Miramontes, da comarca de Ordes “Aire, terra e auga limpas”, da oposición ao vertedoiro de Lesta, de Salvemos Catasós e da Recuperación do río Sar.

Luís Zahera

Non faltaron políticos de distintos signo como o alcalde de Santiago Martiño Noriega que segue a ser veciño do concello ou o actor Luis Zahera, recente gañador dun Goya.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies