Os Milli Riders presentan o VII Festival Motorock de Melide

0

Melide, 23 de xuño do 2019 – O concello de Melide e a asociación Milli Riders presentaron a sétima edición do Festival Motorock que se celebrará a vindeira fin de semana.

Os Milli Riders estiveron acompañados polo novo alcalde, José Manuel Pérez. Serán tres días de actividades. do 28 a 30, no que xa é unha cita consolidada. O encontro conservará o seu lugar de celebración do 2018 nas  inmediacións do parque Rosalía de Castro.

José Manuel Pérez, alcalde de Melide, agradeceu á asociación moteira local que “un ano máis poidamos presentar un cartel tan completo,  que dá boa fe de que o traballo ben feito sempre dá os seus froitos. As anteriores foron un éxito e esta sen dúbida tamén o será”. O presidente do colectivo Milli Riders, Emilio Gómez, apuntaba que “cada ano intentamos que o Festival Motorock sexa capaz de acoller actividades que poidan gustar a todas as idades, xa que queremos que non só os afeccionados ás motos se acheguen a Melide a vindeira fin de semana senón tamén, ser capaces de agradar a todos os vecinos e veciñas de Melide”.

Programación

O VII Festival Motorock Milli-Riders comezará en Melide o venres 28 de xuño cos concertos  de Leirabuxo, Os Residuos atractivas e Dagla. O sábado 29 de xuño continuarán coa actividade con espectáculos moteiros e o concerto de Motores, Vargas Blues Band e Automatas Beat. O domingo 30 de xuño será o último día do festival moteiro melidense que contará cunha ruta moteira e cunha entrega de trofeos e premios aos asistentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial