Denuncian que a promotora da mina de Touro deixou sen auga a aldea de A Santaia.

0

Touro, 18 de maio do 2018 – A Asociación Aldea Viva denuncia que o río Ameneiro Lamas usado pola aldea de Santaia, que non se contaminara durante a antiga explotación, esta afectado polos depósitos de materiais contaminantes que se fan na actualidade.

Santaia usaba para regadío de cultivos e hortas, abastecemento do gando e para un lavadoiro público as augas do río. A veciñanza ao comprobar a contaminación, provocada polos desbordes dos depósitos de residuos, que afecta ao Ameneiro Lamas viuse obrigada a desviar o caudal fora da aldea para non prexudicar os terreos.

Aldea Viva cursou denuncia á Consellería de Medio Ambiente solicitando o inicio dun procedemento de responsabilidade medioambiental ao abeiro da Lei 26/2007 contra o propietario da mina, Explotaciones Gallegas S.L., habida conta da relación de causalidade entre a contaminación deste río e as actuacións que o propietario realizou nos terreos mineiros para a creación de accesos ao futuro polígono empresarial, movementos de terras e incluso de materiais da balsa de lodos do proceso mineiro. A Asociación descoñece qué proxectos de obras e autorizacións en zonas contaminadas ampararon os traballos e se o concello de Touro tomou conta das actuacións e das consecuencias, dándose unha evidente falla de implementación de medidas de prevención, evitación e reparación.

Currículum dudoso da máxima accionista de Cobre San Rafael

Neste ano Explotaciones Gallegas ten incoados xa dous expedientes sancionadores por vertidos ao dominio público e afectación à calidade das augas, a instancia de denuncias de Aldea Viva. A asociación lamenta que teñan que ser os colectivos e veciñanza quen estean a actuar ante o desleixo das  administracións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies