займ срочно

A mineira de Touro afirma nun documento ter asinados acordos co concello

0

Touro, 17 de outubro do 2018 – A eliminación de de todas as captacións de auga que hai na contorna da mina e as afirmacións da mineira de ter asinado un acordo co concello levan ao BNG a preguntar ao goberno municipal si é certo.

O Bloque Nacionalista Galego  ven de presentar un escrito no concello no que solicita explicacións sobre un suposto acordo ao que chegou coa empresa mineira Cobre San Rafael S.L. relativo a ampliación da rede de abastecemento de auga.

Nos novos documentos que a empresa está redactando, dando contestación aos informes sectoriais emitidos por distintos organismos oficiais, esta empresa recoñece explicitamente que moitas traídas de auga quedarán eliminadas se o proxecto de apertura da mina vai a adiante. En concreto, serían captacións que suministran auga as vivendas e explotacións gandeiras dos núcleos de Arinteiro, A Goleta e os Torreis de Arriba  no concello de Touro e Cebreiro no concello de O  Pino. Como alternativa, a empresa propón utilizar a traída de auga municipal, é dicir, a empresa mineira elimina as captacións e terá que ser o concello o que solucione o problema coa rede municipal.

Os nacionalistas explica que resulta aínda máis sorprendente que nun deses documentos, en concreto no denominado documento resposta ao concello de Touro,  recóllese literalmente  que “Cobre San Rafael firmou un acta de compromiso co concello de Touro relativa a aportación económica para a execución do proxecto de ampliación da rede de auga”.

Dende o BNG solicitan que o goberno local confirme se esa afirmación da empresa é verdade e  se existe ese documento. Os nacionalistas piden tamén que, de existir ese acordo asinado con Cobre San Rafael, se explique cando se asinou e si se informou do mesmo á veciñanza dos lugares afectados, en que termos se suscribiu ese acordo, que repercusións (obrigas) vai ter para o concello, que compromisos adquiriu a empresa, en que condicións suministrarase a auga ás vivendas e explotacións afectadas, como se pode ver afectado o suministro de auga en épocas de seca, e se a rede municipal vai ser usada tamén pola empresa mineira.

Así mesmo, pregúntase si o goberno local vai aceptar que as vivendas e explotacións gandeiras destes núcleos queden sen as súas captacións de auga que veñen utilizando dende décadas a cambio de nada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies