Fomento confirma que mantén conversacións técnicas coa Xunta sobre o desvío da N-550 no Milladoiro

0

Compostela, 19 de abril do 2018 – O Ministro de Fomento Iñigo de la Serna estivo en Compostela para dar comezo as obras do enlace da AP-9 coa Cidade da Cultura nun acto no que tamén estiveron o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega entre outras autoridades.

O Ministro de Fomento explicou que o proxecto ten un prazo estimado de 10 meses pero que incluso existe a posibilidade de que se poida reducir

 

O enlace ten un investimento de 3.36 millóns de euros. Situarase no kilómetro 70 da Autoestrada AP-9 e incluirá catro ramais de entrada e saída cos correspondentes carrís de aceleración e desaceleración ademais de 3 glorietas. O enlace conectará tamen coas rúas que levan a Fontiñas e Sar polo que será tamén un acceso a estas zonas da cidade.

O desvío da N-550

Ao remate do acto o Ministro de Fomento atendeu aos medios de comunicación respondendo a distintas cuestións do seu departamento en Galicia. Lindeiros aproveitou para preguntar polas conversas comprometidas coa Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia de cara a reducir o tráfico no Milladoiro. Íñigo de la Serna confirmou que se están mantendo conversas de tipo técnico pero que polo momento no se dispoñen de datos

O compromiso adquirido cunha delegación dos representantes municipais fora dar os pasos necesarios para que a Xunta ampliará a rotonda das Galanas de tal forma que se puidera obrigar ao desvío do tráfico pesado, algo que polo momento parece que segue sendo obxeto de estudo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies