займ срочно

O Ministerio de Medio Ambiente nada e garda a roupa na nova EDAR de Compostela

0

Compostela, 5 de maio do 2018 – O Ministerio de Medio Ambiente estuda aceptar o estudo da proposta de Compostela para manter a EDAR na Silvouta ao tempo que se posiciona, en nota de prensa, a favor de O Souto.

O Ministerio aceptou convocar a Comisión de seguimento da EDAR, na que participarán representantes do Concello, Augas de Galicia e Acuaes, ao longo da próxima semana para estudar a proposta do concello de Santiago de manter a ubicación na Silvouta. A decisión tomouse nunha reunión que mantiveron en Madrid o alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, coa directora xeral da Auga do Ministerio, Liana Sandra Ardiles.

Un momento da reunión mantida en Madrid

Ao mesmo tempo que o alcalde valoraba positivamente a convocatoria de esta reunión o Ministerio emitía unha nota de prensa na que mantiña a decisión de construír a nova depuradora no Souto. A nota dicía xa nos titulares que ” El alcalde de Santiago de Compostela plantea una nueva opción, que requeriría la redacción de un nuevo proyecto y realizar la pertinente tramitación ambiental, lo que afectaría a la solución al problema de los vertidos, retrasaría el inicio de las obras y comprometería la financiación procedente de la Unión Europea”.

A principal diferenza de opinión está máis que no proxecto nos tempos, o retraso no comezo das obras faría que se perderan os fondos europeos dos que depende a nova depuradora. Martiño Noriega lamentou “a rixidez do Ministerio no que ten que ver coa tramitación do proxecto, porque segue rexeitando que quede exento da realización dunha Declaración de Impacto Ambiental, ou ben de que se realice un trámite simplificado”. Os informes que o rexedor presentou na reunión avalarían a posición do Concello ao respecto, acurtando notablemente os prazos para a construción da nova depuradora, e avanzou a súa vontade de “seguir batallando por esta opción, ben en Madrid, ben no ámbito europeo”.

Todo queda agora a expensas da convocatoria da Comisión de seguimento, comprometida polo Ministerio, e as conversas que en ela se manteñan.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies