Mirar o ceo desde o Pico Sacro

0

Boqueixón, 26 de xuño do 2019 – Boqueixón pecha o ciclo Un mes e pico esta fin de semana cunha observación astronómica e unha charla sobre a tradición oral xacobea.

Todas as actividades de Un mes e Pico son de carácter gratuíto. Por motivos de organización, recoméndase inscrición previa no Departamento de Turismo do Concello de Boqueixón, a través do teléfono 981 513 061 ou do enderezo electrónico boqueixonturismo@gmail.com.

Observación astronómica

vista desde o pico SacroA observación astronómica está programada para este venres 28 de xuño a partir das 23:00 horas no Pico Sacro. Trátase dunha proposta gratuíta aberta a todo tipo de públicos que precisa anotación previa no Concello. O propósito é facer ver a relación entre as lendas e a historia xacobea e a ollada ao firmamento. O físico de Baio, catedrático de Electromagnetismo na Universidade de Santiago, describirá como a lectura das estrelas serviu desde a antigüidade para sinalar os camiños de peregrinaxe, servindo de guía e unión cultural no territorio europeo.

Conferencia e recital de piano

A conferencia de Ana Isabel Filgueiras, titulada O Condado de Lupa no territorio Montesagro, terá lugar na capela de San Sebastián o sábado 29 de xuño a partir das 20:00 horas. Filgueiras, especializada desde hai décadas no legado cultural da tradición oral no noroeste peninsular, explicará como o Condado de Lupa, pagán e cristián a un tempo, foi tamén poboado con arquitecturas pensadas para o retiro e a contemplación. Neste contexto sitúa os santuarios e fontes santas, os cenobios e outros elementos.

Tras a conferencia está programado un recitan de piano ofrecido por Sofía Carbajales, tamén na capela de San Sebastián no Pico Sacro. Deste xeito, o Concello de Boqueixón apoia novos talentos emerxentes do propio municipio no ciclo Un mes e pico, unha das súas propostas culturais máis senlleiras. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial