Misterios, na piscina de Vedra

0

Vedra, 18 de xullo do 2018 – O concello de Vedra pon un ano máis a iniciativa Dinamiza a Piscina que leva ao recinto libros e actividades lúdicas… e misterios.

En este ano o Dinamiza Piscina incorpora a uns novos persoaxes, os “Axentes de Vedra”, unha patrulla de investigadores que comezaron onte martes co primeiro misterio a descubrir, non hai máis que achegarse si se quere ser parte da patrulla, animarvos que as pistas e misterios están por descubrir…

Actividades lúdicas

A piscina de Vedra contará os luns, mércores e xoves en horario de 17:00 a 20:00h, co servizo de préstamos de libros e xogos de mesa, sempre coa posibilidade de solicitar pasatempos ou enigmas para adultos ou pintar deseños infantís, así como pintura creativa para os máis peques da casa.

Os luns e xoves a partires das 18:00h haberá obradoiros, contacontos, xogos musicais ou xogos de misterio que farán do tempo unha nova aventura.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies