O miudiño non lle chegou ao Obra contra o Real Madrid na Supercopa

0

Compostela, 22 de setembro do 2018 – Sabíase un reto difícil contra un equipo que ven de gañalo todo, o Monbus Obradoiro intentouno pero o terceiro cuarto puxo as cousas no seu sitio e ao Real Madrid na final da Supercopa.

A primeira semifinal da Supercopa enfrontou a un Barça Lassa aínda por facer contra un Kirolbet Baskonia moi forte e que se antolla coma un dos equipos fortes da liga. De todos xeitos non lle foi doado aos vascos como reflicte o 76 a 79 final.O Kirolbet chegou a distanciarse vinte puntos pero o Barça, pese a non estar na súa mellor forma, traballou arreo e chegou aos últimos segundos a un triplo da prorroga que acabou por non entrar.

A pasada tempada os dous equipos xogaron ata en 9 ocasións e os vascos levaban un 6 a 3 en esa particular conta, o partido de onte deixa o comezo da liga nun 1 a 0 de novo para o Kirolbet Baskonia, sen duda o Barça Lassa xa ten coma mínimo un reto.

O Obra traballa pero non lle chega

O Monbus Obradoiro exercía de anfitrión e o Miudiño volvía a soar en Sar, só por escoitalo en directo xa paga a pena acudir a un partido. O Real Madrid ten gardadas catro Supercopas e desde o primeiro segundo deixou claro que ven a pola quinta. Un parcial de 0 a 7 deixaba claro que os brancos, onte de negro, chegan a primeira competición oficial moi preparados. Os equipos de Moncho Fernández teñen no traballo o seu mellor valor e do este ano non será unha excepción. O Obra conseguiu poñerse a dous puntos no minuto 18 pero o partido levaba o nome de Llul, foi a punta de lanza dun 0-7 en segundos que deixou no novo marcador un 29-40 anticipo do que sería a segunda metade do encontro.

O terceiro cuarto foi demoledor e o Real Madrid chegou a distanciarse ata de 30 puntos. Unha vez máis o traballo e as “rules” de Moncho deron froito e o Obradoiro conseguiu maquillar a derrota deixando o luminoso nun 61 a 81 máis que digno vendo como comezan a tempada os da capital.

Moncho Fernández na sala de prensa destacaba ese traballo, as veces máis mental que físico, de non virse abaixo e seguir na loita a marxe do marcador

A Supercopa é unha festa para Compostela e hoxe seguirá co concurso de triplos e un Kirolbet Baskonia – Real Madrid que promete emoción e competición.

O novo marcador foi unha das estrelas da xornada

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial