займ срочно

O modelo didáctico Fasolet se incorpora a escola de música de Silleda

0

Silleda, 8 de decembro do 2017.  A Escola de Música Municipal de Silleda collerá o vindeiro mes de xaneiro un curso de formación do profesorado sobre o sistema didáctico denominado Fasolet.

A didáctica Fasolet, para iniciar na música a cativos de 3 a 8 anos, naceu en Valencia da man de Joventuts Musicals de la Vall d’Albaida, unha asociación de escolas de música encamiñada ao desenvolvemento musical, persoal e social.

Os tres pilares fundamentais desta metodoloxía son: audición, análise e improvisación.

A encargada de impartir o curso en Silleda será a profesora Patricia Moreno Vidal, que formará aos docentes interesados en contidos como as bases psicolóxicas na educación musical de 3 a 7 anos, educación rítmita e movemento, educación instrumental, audición musical activa, lectura aplicada ou improvisación rítmica e melódica.

O curso terá lugar os días 2,3, e 4 de xaneiro nas dependencias da Escola de Música de Silleda, en horario de 09:30 a 13:30 e de 15:30 a 19:00 horas. As persoas interesadas poden recibir máis información sobre o curso e o prezo do mesmo na propia escola, no teléfono 986 592004  (en horario de 16:00 a 21:30)  horario de tarde, ou a través do enderezo esmu.silleda@gmail.com.

Con esta iniciativa preténdese proporcionar recursos didácticos e pedagóxicos para potenciar as capacidades musicais na etapa de iniciación. Entre os principios pedagóxicos deste método destacan a educación oportuna, con programas adaptados ás diferentes etapas de desarrollo físico, intelectual e social dos nenos ou o desenvolvemento da capacidade auditiva , guiando aos alumnos a través do seu patrón de aprendizaxe natural.

Tamén destacan a realización de clases en grupo, para fomentar unha actitude positiva cara a linguaxe musical, o uso dos instrumentos de teclado como recurso didáctico ou mesmo a participación dos pais nas aulas.

Dende a Concellería de Cultura, Ana Luísa González, indica “que dende o primeiro momento en que a Escola de Música de Silleda nos propuxo realizar esta iniciativa consideramos que se trataba dunha actividade moi interesante e novidosa dende o punto de vista didáctico”, indica, animando aos profesores de música da zona a coñecer de cerca este método que ten entre os seus obxectivos compartir vivencias musicais en grupo, desarrollar o sentido musical, a creatividade e a expresión corporal; o uso das cancións populares como referentes culturais á hora de traballar a memoria e a improvisación, ou a potenciación da lectura e a comprensión coporal dos elementos musicais, entre outros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies