Reclaman a modificación do IBI en O Pino, aprobada en pleno no 2017

0

O Pino, 23 de outubro do 2018 – O PSOE de O Pino, solicita, a través de rexistro, que se remate de modificar a ordenanza fiscal reguladora do IBI, tal como se acordara na última sesión plenaria do ano 2017.

Os cambios no IBI foron aprobados na última sesión do ano pasado. O equipo de goberno accedía a unha petición do Psoe para que o tipo de gravame para ós bens de natureza rústica pasara do 0,45% ó 0,30%. Aínda que, en dito pleno, os socialistas tamén solicitaban que se establecera na ordenanza unha bonificación do 95% da cota integra do IBI para todos aqueles bens nos cales se desenvolverán actividades agrícolas ou gandeiras, o alcalde, Manuel Taboada, negouse alegando que, no mes de decembro non daba tempo a dita modificación, e comprometíase a estudar debidamente o tema e sometelo a aprobación, como moi tarde, no primeiro ou segundo pleno ordinario do ano 2018.

O voceiro socialista de O Pino, Óscar Vilar denuncia que esa modificación segue sen levarse a cabo, “nin se deron a coñecer que requisitos e criterios deberán cumprir os titulares das explotacións, nin sabemos cal é a intención do equipo de goberno do Sr. Taboada; cumprir o que el mesmo manifestou, ou, pola contra, que todo caia no esquecemento”. Coa finalidade de aclarar porque non se presentaron aínda os cambios prometidos os socialistas veñen de solicitar por rexistro que se remate de modificar a ordenanza do IBI.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial