Moitas capturas no Pescapino 2018

0

O Pino, 29 de xullo do 2018 – Máis de trinta rapaces de 4 e 13 anos participaron no concurso de pesca infantil Pescapino, na área recreativa da Magdalena no concello de O Pino.

A cita de pesca infantil Pescapino resolveuse con moitas e boas capturas nas que destacaron os xoves pescadores Pablo Martínez, Darío Iglesias e Adrián Iglesias, vencedores nas categorías infantil, alevín e benxamín, respectivamente.

O concurso reuniu a trinta e tres mozos e mozas e ás súas familias, que puideron gozar dunha mañá de pesca e de xogos populares, instalados na carballeira que rodea a lagoa. Aínda que a xornada amenceu húmida, as capturas non se fixeron de rogar, e as primeiras troitas comezaron a picar nada máis abrirse o período de competición.  Na categoría infantil, composta por participantes entre os 11 e os 13 anos, brillou Pablo Martínez (12 anos) con nada menos que oito pezas e máis dun quilo de peso en capturas. Quedou segundo Damián Ferreiro (13), con tres troitas e 465 g, e terceiro Brais Iglesias, tamén con tres pezas e 418 g.

Pablo Martínez, gañador categoría infantil

En alevíns, de 9 e 10 anos, gañou Darío Iglesias (10), con 4 exemplares e 600 g de peso; quedaron por detrás Gorka Carnota (9), coas mesmas capturas e 540 g, e Iago Bello (9), con 3 troitas e 341 g.

En canto á categoría benxamín, de 4 a 7 anos, o primeiro clasificado foi Adrián Iglesias (7), con 3 capturas e 398 g. Segundo quedou Leo Méndez (4) con 2 troitas e 254 g e terceiro Nahuel Gallicchio (7), cunha peza de 202 g.

Os gañadores das diferentes categorías foron recoñecidos cun trofeo conmemorativo do Pescapino 2018. Todos os nenos e nenas participantes recibiron como obsequio unha medalla de recordo. Na entrega de trofeos estivo presente o alcalde do Pino, Manuel Taboada Vigo. Coa organización un ano máis deste certame, o Concello do Pino busca poñer en valor os diversos espazos naturais con que conta o municipio e, ao tempo, dotar á cidadanía de alternativas de ocio ao aire libre.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies