займ срочно

El Monbus Obradoiro comeza a liga gañando ao San Pablo Burgos

0

Compostela, 1 de outubro do 2018 – Magnífico arranque de tempada do Monbus Obradoiro, gañando o partido ante o san Pablo Burgos na caldeira do Sar.

Un intenso partido no que o Obradoiro tivo que traballar en todo momento en equipo para poder derrotar ao Burgos de Diego Epifanio. Varios xogadores fóronse dando a testemuña durante toda a noite, emerxendo en diferentes momentos da contenda. Pero o fío condutor foi Nacho  Llovet, sempre presente, intenso en defensa sobre  Deon  Thompson e descarado en ataque. O catalán acabou con 18 puntos e catro rebotes para 24 de valoración. O xogador máis destacado no Fontes  do Sar.

Para o  Monbus Obradoiro foi clave a interpretación de xogo de Pepe Pozas nos primeiros compases, habilitando a  Hlinason,  Llovet, de  Zeeuw e  Brodziansky en repetidas ocasións. O base malacitano foise ata as seis asistencias, nutrindo de balóns ás torres  obradoiristas.

O  Monbus  Obradoiro comezou triunfal e afrontará con moral renovada o seu dobre compromiso canario: o xoves contra o  Herbalife Gran Canaria (20:30) e o sábado contra o  Iberostar Tenerife (20:30).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies