O Monbus Obradoiro volve das illas cunha derrota e unha vitoria

0

Compostela, 8 de outubro do 2018 – O Monbus Obradoiro visitou na última semana as Illas Canarias para disputar dous encontros ante o Herbalife Gran Canaria e o Iberostar Tenerife que resolveron gañando o primeiro e perdendo o segundo.

Unha vitoria importante ante un equipo de Euroliga

O  Monbus Obradoiro cumpriu, o xoves, o seu partido 300 na máxima categoría do baloncesto español e fíxoo conseguindo unha vitoria de mérito na complicada pista do Herbalife Gran Canaria, equipo que disputará Euroliga esta tempada, tras unha igualada prórroga (92-93).

Imaxe ACB Photo

Tirar de carácter  obradoirista permitiu que os de Moncho Fernández repuxésense dun demoledor parcial de 20-0 dos canarios ( Min. 26, 50-45) e mantivésese na pelexa pola vitoria. O conxunto compostelán saíu lanzado e concentrado nunha cancha na que sabían sería moi difícil sumar unha vitoria. Conseguir facerse co rebote era fundamental e  Vladimir  Brodziansky fixo un gran traballo na pintura, sendo o xogador máis destacado do encontro, con 14 puntos e 8 rebotes, para 22 de valoración.

No tempo extra, o  Monbus Obradoiro soubo xestionar ben os últimos minutos a pesar de que se mantiveron as alternativas no marcador, pero  Vasileiadis, que sempre tirou do seu equipo durante todo o encontro e terminou con 22 puntos e 18 de valoración, anotaba un 3+1 que igualaba o marcador a 86.  Simons quería rematalo anotando un triplo a falta de dous minutos, respondido por  Baez. Pero Vasileiadis e Pozas anotaron uns tiros libres  importantísimos que, xunto ao tapón final de  Brodziansky que impedía anotar ao  Granca, fixeron que a vitoria caese ao lado obradoirista (91-92).

Imaxe ACB Photo / A. Pérez

Derrota ante o Iberostar Tenerife

Primeira derrota do  Monbus Obradoiro na presente tempada. Os santiagueses non puideron romper o maleficio do Santiago Martín. Corenta e oito horas despois da heroica vitoria en Gran Canaria, o  Monbus Obradoiro caeu  extenuado, fundido ante o imparable  McFadden.

O base norteamericano dos  aurinegros segue de doce neste inicio de tempada. Despois de liderar ao seu equipo o pasado xoves botouse aos seus ás costas. Triplo tras triplo e atacando ben o  pick  and  roll central, apoiado en  Colton  Iverson, acabou con 25 puntos, cinco triplos, catro asistencias e 29 de valoración. Tratou o  Monbus Obradoiro de romper a conexión entre o base e o pivote, pero as faltas persoais e o acerto do tirador  aurinegro fixeron estériles os esforzos defensivos dos visitantes.

Non foi a única clave do  Iberostar Tenerife. A envergadura de  Colton  Iverson resultou insuperable para o  Monbus Obradoiro. Os seus interminables brazos  nublaron as ideas aos galegos en ataque, que necesitaron catro minutos e un triplo  lejanísimo de Pepe Pozas para inaugurar o marcador.  Iverson non só destacou na parcela defensiva. Tamén brillou en ataque, nutrindo de segundas oportunidades ao seu equipo. Os seus nove rebotes, tres en ataque, foron unha laxa para o  Monbus Obradoiro. Doce puntos nados de segundas oportunidades na primeira metade comezaron a cimentar a vantaxe tinerfeña ao descanso (32-23).

Ao  Monbus Obradoiro non lle entraron os triplos como nas citas anteriores, e decimados pola baixa de  Maxime de  Zeeuw só atoparon solucións por dentro da man de  Hlinasson, cun arranque sobresaliente (8 puntos no primeiro cuarto e 16 de valoración ao final do encontro). Os mellores minutos  obradoiristas coincidiron coa conexión entre Pozas e o  islandés, nos minutos nos que  Iverson descansaba no banco.

Imaxe ACB Photo / A. Pérez

Semana para recuperar

Esta semana visita o Fontes  do Sar o Valencia  Basket e a seguinte farao o vixente campión de Liga, de Euroliga e de  Supercopa: o Real Madrid de Pablo  Laso. Será unha semana para recuperar ao lesionado De  Zeeuw e para acelerar na integración do debutante  Kyle  Singler, que o vindeiro domingo poderá estrearse ante a súa nova afección.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial