займ срочно

Moncho Fernández asina co Obradoiro ata o 2020

0

Compostela, 31 de xaneiro do 2018 – O Monbus Obradoiro e Moncho Fernández chegaron a un acordo para prolongar a súa relación durante unha tempada adicional á que xa establecía o seu anterior contrato, comprometéndose agora ambas partas ata xuño de 2020.

Moncho Fernández chegaba ao club no verán de 2010 e conseguiu co equipo o ascenso á liga Endesa e a participación na Cópa do Príncipe esa mesma tempada. Desde entón, dirixe ao equipo na elite do baloncesto español, onde acumula un balance global de 89 vitorias e 133 derrotas na ACB.

En 2013 disputou o único Playoff polo Título ACB na historia da entidade. A presente supón a súa terceira renovación de Moncho Fernández “O club ten un plan que está a desenvolver a todos os niveis, e dentro dese proxecto quixemos estender por máis tempo a relación con Moncho, a pesar de que aínda quedáballe máis de ano e medio de contrato. O adestrador é unha peza moi importante dentro da engrenaxe técnica deste club, que cada ano vai dando pasiños dentro da súa humilde realidade. Queremos continuar crecendo con Moncho e por iso estamos moi contentos de que el siga tan identificado co Monbus Obradoiro”, afirma o presidente da entidade, Raúl López.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies