займ срочно

Moncho Fernández ilumina o Nadal do Mercado La Galiciana

0

Compostela, 29 de novembro do 2018 – O adestrador do Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, foi o encargado de acender a iluminación de Nadal do Mercado La Galiciana.

Un pouco despois das nove e media da noite Moncho Fernández, que chegou acompañado pola súa familia e membros do seu equipo como Fran Grela, dáballe ao botón co que acendía as 12.000 bombillas que forman a iluminación de Nadal do Mercado La Galiciana.

La Galiciana comeza así o seu primeiro Nadal en Compostela con distintos eventos preparados para as próximas datas. A presenza do Obradoiro, e de Moncho Fernández, é habitual nos eventos da cidade e non fai moito tempo foron os xogadores os que participaron no mercado no Campionato Galego de Tiraxe de Cervexa.

A noite continuo cun grupo en directo que interpretou pezas clásicas da época de Nadal.

 

 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies