Moncho Fernández renova por dúas tempadas co Obradoiro

0

Compostela, 3 de febreiro do 2017 – O presidente do Rio Natura Monbus Obradoiro, Raúl López, anunciou a renovación de adestrador do primeiro equipo, Moncho Fernández, para as dúas próximas tempadas.

O compostelán chegou ao Obradoiro na tempada 2010/11, na que se conseguiu o ascenso á liga Endesa, categoría na que o club milita desde entón de forma ininterrompida e na que disputou unha edición do Playoff polo título (2012/13).

“Moncho axúdanos a construír proxecto, a desenvolver xogadores, a conseguir os obxectivos deportivos do Obradoiro” E estamos convencidos de que ten a capacidade, experiencia e compromiso necesarios para seguir liderando este proxecto dentro da pista”, afirmou o presidente, que recoñecía tamén que “agora non estamos a pasar polo noso mellor momento, pero a historia deste club dinos que con esforzo e unidade saímos de situacións moi comprometidas, deportivas e non deportivas. Todos xuntos”.

Pola súa banda, o técnico confesou sentirse “agradecido absolutamente ao meu presidente e ao consello de administración do Obradoiro pola súa confianza cara á miña persoa e o meu corpo técnico. É un dobre sentimento: agradecemento e responsabilidade. Responsabilidade de que este proxecto obradoirista teña o éxito que merece: seguir en ACB. E quen teña dúbida de que non o imos a conseguir, dicirlle que se equivoca. Farémolo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial