Monica Mura expón na Igrexa da Universidade ‘E ti que (de quen) vés sendo?’

0

Compostela, 4 de outubro do 2018 – Monica Mura presenta, as oito da tarde, a mostra ‘E ti que (de quen) vés sendo?’ na Igrexa da Universidade, unha reflexión sobre as cuestións de xénero, memoria e identidade.

Artista interdisciplinar e performer, Monica Mura explora desde hai tempo a vida e a arte a través da perspectiva de xénero. Despois de dedicar os últimos anos a reflexionar sobre a muller, sente a necesidade de dar un paso máis para abrir o seu discurso incluíndo as visións de persoas que pola súa situación comparten moitas das problemáticas tratadas antes coas mulleres cisxénero: a muller trans* e por extensión o colectivo LGTBIQ.

A exposición estrutúrase en torno a un percorrido principal no que o público debe ir contestando a preguntas do título ‘E ti que (de quen) vés sendo?’ de maneira que deixa de ser espectador para ser parte integrante da proposta. Así, quen visite a mostra poderá tocar as obras e interactuar directamente con elas modificándoas e construíndo un discurso propio.

Ela mesma afirma crer “no poder da creación como motor de transformación en todos os aspectos, desde os máis creativos aos máis prácticos e cotiás”. Así, e como poderá apreciarse na mostra da Universidade compostelá, entende a arte como un diálogo “no que interactúo coas persoas por medio das miñas obras, propoñendo xestos e accións que buscan reaccións para impulsar o crecemento”.

Performances delegadas presenciais ou a distancia, pezas que se desenvolven como accións colectivas a través do uso das redes sociais ou testemuñas reais de mulleres conforman ese brazo principal da mostra, que se completa con outro camiño paralelo e entrecruzado que contesta á pregunta ‘E ti de quen vés sendo?’ cun carácter máis persoal, con referencias ás súas orixes, e rescatando a voz de mulleres referentes pero silenciadas.

A exposición ‘E ti que (de quen) vés sendo?’ poderá visitarse ata o 31 de outubro de martes a domingo, de 16.00 a 20.00 horas.

Monica Mura

Doutora en Arte, Música e Espectáculo pola Università degli studi dei Torino (Italia), Monica realizou accións e mostras individuais e colectivas entre España, Italia e Portugal (Museo Thyssen- Bornemisza de Madrid, MAC da Coruña, Museu José Malhoa de Caldas da Raiña, entre outras). Participou en numerosos proxectos de loita contra a violencia de xénero en Galicia e Italia e foi seleccionada coa súa obra ‘Sas Diosas’ polo Museo Thyssen-Bornemisza para formar parte de Nos+Otras: en Rede 2015-2017, un proxecto de EducaThyssen, Mención de Honra no 8º Premio Iberoamericano de Educación e Museos. A súa obra forma parte ademais de coleccións públicas e privadas, como os fondos do Museo Provincial de Lugo.

Pertence á asociación MAV Mujeres en las Artes Visuales e ao comité científico do Congreso de Xéneros, Museos, Arte e Educación de RML. Foi seleccionada no Concurso Intervencións Artísticas de XX Bienal De Arte de Cerveira 2018 (PT) e formará parte de

Biennale dei Genova ‘Other Identity’ 2019.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial