займ срочно

Mónica Varela presenta o poemario infantil “Un mundo quentiño”

0

Compostela, 28 de decembro do 2018 – O Museo das Peregrinacións de Santiago acolle ás sete da tarde a presentación do poemario infantil ilustrado “Un mundo quentiño”, de Mónica Varela Gestoso e ilustrado por Amalia López “Luchi”, publicado por Edicións Fervenza.

Na presentación de “Un mundo quentiño”as autoras estarán acompañada do escritor, investigador e crítico literario, Armando Requeixo e do director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo.O acto é aberto ao público ata completar aforo.

Así mesmo, contarase cun recitado de poemas a cargo de nenos e nenas, e o acompañamento musical do grupo Raeira, da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Boqueixón.

Colaboracións

A publicación deste poemario contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, o Concello da Estrada e o Restaurante Enxebre Porta do Sol de Lamela.

A obra

Impreso a toda cor e encadernado en tapa dura, Un mundo quentiño está dirixido ao público infantil e constitúe un poemario no que, explorando o que nos rodea descubrimos un mundo sorprendente en todo aquilo que está ao noso carón: caracois nos estantes dos libros, landras e bugallos na alfombra do salón, formigas no chineiro da cociña… Buscamos tesouros nas cortizas das árbores, detrás das follas, nos balados… A fada da chuvia vén a mollarnos, collemos leña para acender o lume e asamos as castañas… Todo un mundo quentiño que, cada día, nos permite coñecer a maxia do cotián.

Para que esa maxia se traslade das verbas aos máis cativos, cada un dos poemas acompáñase de fermosas ilustracións realizadas por Amalia López, “Luchi”.

As autoras

Mónica Inés Varela Gestoso, naceu na parroquia de San Miguel de Deiro no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa o 30 de novembro de 1968.

Cursou estudos superiores na Universidade de Santiago de Compostela onde se licenciou en Filoloxía Hispánica no ano 1991. Na actualidade reside en Teo e exerce como profesora de Lingua e literatura castelá no IES Manuel García Barros da Estrada. Deuse a coñecer no panorama poético galego coa obra Soños de nenos (Edicións Embora, 2017), coa que acadou o Premio Arume de poesía para nenos 2015, outorgado pola Fundación Xosé Neira Vilas. Versos e Bolboretas, dirixida tamén ao público infantil e publicada por Edicións Fervenza, foi a súa segunda obra.

Amalia López Brea “Luchi”, naceu na parroquia de Lamela no concello de Silleda., Licenciada en Bioloxía e diplomada en Maxistero é unha apaixoada da pintura. A súa obra abarca óleos, aucarelas, pasteis graxos, carboncillo e lápiz de cor.

Participou con ilustracións en distintas publicacións tanto no campo musical como infantil e de adultos: no disco-libro “Cantos para nenos e nenas” de María do Ceo; Cartafol poético da Porta do Sol de Lamela; no poemario infantil “Versos e bolboretas” de Mónica Varela Gestoso; no disco-libro “A Estrada da vida” de Xosé Luna e Manoele de Felisa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies